Actas da 16ª velada literaria celebrada no Casino de Santiago, durante a cal houbo diversas lecturas e actuacións musicais, así como debates en torno a temas variados, incluído a asistencia de mulleres a estas veladas, invocando os nomes de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán para sinalar a súa capacidade intelectual para convocar a súa participación.
Copia literal das anotacións dunha velada literaria celebrada no Casino de Santiago o 2 de maio de 1881 feitas por Pedro Pais Lapido. Durante a velada se trataron os temas do ensino obrigatorio, a condenación e a instrución da muller, máis este terceiro asunto non o desenvolve.
Apuntamentos para unha Acta dunha velada literaria celebrada no Casino de Santiago o 2 de maio de 1881. Durante a velada tratáronse os temas do ensino obrigatorio, a condenación da guerra e a instrución da muller, se ben o terceiro asunto non o recolle a acta definitiva e nestas notas non se profundiza máis que para mencionar a natureza sensible das mulleres. Trátase de respostas e réplicas entre o Sr. Toledo (director do xornal El Porvenir) e o Sr. Obaya sobre os puntos mencionados.
Apuntamentos para unha Acta dunha velada literaria celebrada no Casino de Santiago o 16 de maio de 1881. Trátase da réplica do Sr. Toledo (director do xornal El Porvenir) aos comentarios habidos nunha velada anterior sobre as súas opinións acerca do ensino obrigatorio, a condenación da guerra e a instrución da muller.